‘Estratexia Rías Baixas Turismo 61’, a nova folla de ruta do turismo pontevedrés

‘Estratexia Rías Baixas Turismo 61’, a nova folla de ruta do turismo pontevedrés

  • A Deputación de Pontevedra presentou a nova estratexia de turismo, un documento integrado por cinco eixos e un orzamento de 44,5 M€.

A Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas presentaron o pasado luns, 29 de xullo, a nova ‘Estratexia Rías Baixas Turismo 61’ nos xardíns do Palacete das Mendoza, en Vigo. Esta estratexia, cun investimento de preto de 45 millóns de euros, busca potenciar o turismo nos 61 municipios da provincia, promovendo a calidade de vida local e a integración dos visitantes.

 

Esta estratexia preséntase nun momento de crecemento do turismo na rexión, cun incremento significativo de visitantes e gasto turístico desde 2019. O plan estrutúrase en cinco eixos principais que inclúen 42 liñas de acción e máis de 225 actuacións concretas co obxectivo de executarse ata 2030:

 

  • O primeiro eixo, “Rías Baixas Singular”, está enfocado en ofrecer experiencias auténticas aos turistas, como visitas a adegas e rutas turísticas específicas.
  • O segundo eixo, “Somos Rías Baixas”, destaca os elementos identitarios do territorio, como o Camiño de Santiago, os castelos e as camelias.
  • O terceiro eixo, “Rías Baixas Sostible”, céntrase na sostibilidade turística, promovendo empregos de calidade e o coidado dos recursos naturais.
  • O cuarto eixo, “Rías Baixas Única”, ten como obxectivo promocionar márcaa Rías Baixas e fomentar un sentido de pertenza entre os habitantes.
  • O último eixo aborda a innovación, promovendo a formación en competencias dixitais e a implantación da intelixencia artificial.

 

O evento de presentación contou coa participación de importantes figuras públicas e representantes de municipios e empresas de toda a provincia, como o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez; a deputada de Turismo, Nava Castro, ou o director de Axéncia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles. Representando ao Clúster Turismo de Galicia asistiron o presidente da entidade, Cesáreo Pardal, e a vogal do CTG e xerente de la Ruta do Viño Rías Baixas, Lorena Varela.

 

Luis López, presidente do ente provincial, destacou que a ‘Estratexia Rías Baixas Turismo 61’ é un paso adiante para construír un destino turístico desestacionalizado e sostible, aliñado coas políticas provinciais actuais e futuras. Ademais, esta folla de ruta tamén busca fomentar a colaboración entre o sector público e privado para desenvolver un turismo sostible e competitivo.