O turismo activo en Galicia, unha aposta para loitar contra o Trastorno Afectivo Estacional

O turismo activo en Galicia, unha aposta para loitar contra o Trastorno Afectivo Estacional

  • AGETAN, a Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, promove o turismo activo en Galicia para mellorar a saúde mental e física

AGETAN busca axudar á poboación a combater o TAE (Trastorno Afectivo Estacional), un tipo de depresión que adoita aparecer nas estacións de outono e inverno, asociada á redución da luz natural.

 

A través das súas empresas asociadas ofrecen experiencias baseadas no contacto coa natureza e no exercicio físico. Esta asociación ofrece unha ampla gama de actividades de turismo activo, como:

 

  • Rafting nos ríos galegos.
  • Mergullos na costa atlántica.
  • Barranquismo na Serra do Courel e Ancares.
  • Rutas ciclistas e de sendeirismo.
  • Paddle surf en ríos e rías.

 

O seu obxectivo é posicionar á nosa comunidade como referente no turismo activo ao aire libre.

 

Para iso, ofrecen propostas de turismo activo seguro, regulado, accesible e respectuoso co medio ambiente. E para conseguilo, colaboran con empresas certificadas que garantan o cumprimento de normas de calidade e seguridade que contribúen ao benestar dos participantes.