O proxecto ‘Camino de Europa’ recibe o respaldo financeiro da Unión Europea

O proxecto ‘Camino de Europa’ recibe o respaldo financeiro da Unión Europea

  • A iniciativa recibiu un impulso económico de 1.790.000 € dos fondos europeos para dinamizar as economías locais de maneira sostible.
  • O obxectivo do proxecto é beneficiar directamente ás 5 Comunidades Autónomas do Camiño Francés, conformado por 188 localidades e onde operan 3.000 empresas.

 

O proxecto ‘Camino de Europa’ vén de recibir o respaldo financeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia cunha dotación de 1.790.000 €. Esta iniciativa ten por obxectivo dinamizar as economías locais do Camiño Francés de maneira sostible, incentivando o desfrute da riqueza cultural.

 

Esta iniciativa nace grazas á colaboración da empresa WAYS e da Asociación Cultural Camino de Santiago Calle Mayor de Europa. Deste consorcio tamén forman parte a Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, o Concello de Melide, a Fundación UNIR, o Centro Nacional de Enerxías Renovables, a Asociación Territorio Emprendemento e a Fundación CESTE.

 

O obxectivo do proxecto ‘Camino de Europa’ é beneficiar directamente ás 5 Comunidades Autónomas do Camiño Francés, o máis transitado e recoñecido internacionalmente: Galicia, Castela e León, A Rioxa, Aragón e Navarra. A maioría das empresas que se atopan ao longo do Camiño Francés, unas 3.000, son pequenos produtores, artesáns, comerciantes, artistas, e outros servizos locais creados directamente para atender aos peregrinos.

 

O proxecto planea a creación dun marketplace baseado na tecnoloxía blockchain, satisfacendo as necesidades dos peregrinos do século XXI. Esta transformación dixital permitirá que os camiñantes participen nas experiencias culturais que ofrece o Camiño de Santiago, conectando ás empresas locais cos peregrinos.

 

A plataforma permitirá impulsar a actividade económica nas rutas. Un dos seus retos é poñer en valor a riqueza patrimonial e a diversidade cultural da Ruta Xacobea, ademais de promover a innovación inclusiva. A iniciativa tamén ten en conta o turismo sostible: unha das opcións que valora a plataforma é coñecer a través da app as alternativas de aloxamento e servizos cun menor impacto na pegada de carbono.