O Ministerio de Interior amplía o período de adaptación á plataforma SES.HOSPEDAJES

O Ministerio de Interior amplía o período de adaptación á plataforma SES.HOSPEDAJES

  • A plataforma facilita ás persoas físicas ou xurídicas que exerzan actividades de hospedaxe o rexistro documental e a información que deben achegar.
  • O prazo foi ampliado ata o 1 de outubro de 2024.

 

A semana pasada o Ministerio de Interior anunciou a ampliación do período de adaptación á plataforma SES.HOSPEDAJES, unha aplicación que facilita ás persoas físicas ou xurídicas que exercen actividades de hospedaxe o rexistro documental e a información que deben achegar.

 

A plataforma está operativa desde o 2 de xaneiro de 2023, mais co obxectivo de facilitar a familiarización aos usuarios, ademais de asegurar o seu funcionamento en condicións óptimas, inicialmente estableceuse un período de adaptación de cinco meses de duración. Este período xa fora ampliado con anterioridade, establecendo como data final o 31 de xaneiro de 2024. Agora, o Ministerio vén de anunciar unha nova ampliación que permitirá que todos os sistemas de transmisión permanezan como válidos ata o 1 de outubro de 2024.

 

As persoas obrigadas a facilitar a información, en cumprimento do Real Decreto 933/2021, de 26 de outubro, poden rexistrarse na plataforma a través da seguinte ligazón.

 

Ata o 1 de outubro de 2023, os establecementos hoteleiros tamén comunicarán ás dependencias policiais a información contida nas follas-rexistro por calquera dos seguintes sistemas: presentando directamente ou cursando por correo á Comisaría de Policía ou, no seu defecto, ao Posto da Garda Civil que corresponda, dúas copias da folla de rexistro; transmitindo mediante fax a información contida nas follas-rexistro ou un listado de dita información; entregando directamente nas correspondentes dependencias policiais os soportes magnéticos que conteñan a información requirida; ou mediante transmisión de ficheiros vía Internet.

 

Podes consultar toda a información a través da páxina do Ministerio de Interior. Para calquera dúbida ou aclaración de carácter técnico pódese contactar a través do correo ses.hospedajes@interior.es.