O IGAPE pon en marcha unha ferramenta de autodiagnóstico para que as empresas coñezan a súa situación fronte ao Brexit

O IGAPE pon en marcha unha ferramenta de autodiagnóstico para que as empresas coñezan a súa situación fronte ao Brexit

O obxectivo da ferramenta Brexit impulsada polo IGAPE é facilitar ás empresas de Galicia a avaliación do nivel de impacto que o Brexit implicará nas súas organizacións, facilitando unha análise do seu grao de exposición e madurez ante o Brexit, así como recomendacións personalizadas e sectoriais para facilitar a toma de decisións.

O modelo Brexit definido distribúese en cinco dimensións, en cada unha das cales se definiron diferentes preguntas relativas á madurez e exposición das empresas ao Brexit relativas a aspectos como o modelo de negocio, a normativa, fiscalidade e aduanas ou marco financeiro, entre outras.

A ferramenta parte dun rexistro e un breve cuestionario de 10 a 15 minutos a partir do cal se elabora un informe útil e de calidade para o empresario na que, ademais de coñecer o nivel de madurez e exposición obtido, inclúese unha proposta de benchmarketing que lle permite ao empresario coñecer o grao de adaptación da súa competencia, obtido a partir das empresas que tamén realizasen o cuestionario. Trátase así de proporcionar ao empresariado unha información valiosa a través dun informe que a ferramenta xera de maneira automática, coñecendo e entendendo mellor como afectarán aqueles aspectos crave do Brexit á súa organización e poder obter unha imaxe detallada das necesidades e riscos aos que se enfronta, así como recomendacións personalizadas e sectoriais para facilitar a toma de decisións.
A Ferramenta Brexit é un servizo accesible e aberto a calquera empresa galega con relacións comerciais con Reino Unido ou que na súa operativa dependa dalgunha forma de provedores, clientes ou outros axentes nese país. Se necesitan máis información sobre esta ferramenta, non dubiden en porse en contacto connosco a través de brexitgalicia@igape.es