Esta semana, máis concretamente do 4 ao 6 de xullo, o Hotel Eurostars Gran Hotel La Toja acollerá o Global MICE Forum, unha iniciativa asociativa que reúne a oferta e demanda de Congresos e Reunións das asociacións nacionais. Trátase da terceira edición deste pioneiro encontro do tecido asociativo nacional, que xa visitou con anterioridade as cidades de Sevilla e Zaragoza.
No evento participarán diversos prescriptores nacionais de Congresos e suppliers especializados de toda España. Ao longo das tres xornadas celebraranse reunións one-to-one, mesas redondas cos principais stakeholders do sector e reunións informativas. A iniciativa está dirixida a suppliers especializados en Congresos de toda España: Convention Bureaux, Palacios de Congresos, auditorios, hoteis con centros de convencións de gran capacidade e proveedores de servizos complementarios para congresos.
Polo momento xa se confirmou a participación de 42 suppliers, entre os que se atopan A Coruña Convention Bureau, Hotel & Talaso Louxe La Toja, Palexco, Ourense Genuina, Mar de Vigo e Eurostarts Hotels.
Desde o Clúster de Turismo de Galicia ofrecéronse descontos sobre a cota de participación no Iberian MICE Forum co obxectivo de impulsar a participación das empresas galegas no evento, de interese para o turismo MICE. Finalizado o prazo de inscrición, finalmente participarán neste foro Viajes Abramar, Trevisani e a Asociación de Palacios de Congresos de Galicia. Esta cita será unha oportunidade para que xerar novas relacións profesionais entre empresas e adquirir novos contactos, ofrecendo unha oportunidade real de negocio.
Se che interesa, podes consultar máis información sobre o evento na páxina web oficial de Global MICE Forums.