O Entroido galego, unha celebración con identidade propia e recoñecemento turístico

O Entroido galego, unha celebración con identidade propia e recoñecemento turístico

  • Ata 11 entroidos galegos están declarados como “Festa de Interese Turístico”
  • Máis de 175 concellos declararon festivo o luns ou martes de Entroido ou o Mércores de Cinza.

 

O Entroido é unha celebración de longa tradición popular. En Galicia son once os entroidos recoñecidos como de interese turístico:

 

  • Festa de Interese Turístico Internacional: Entroido de Xinzo de Limia.
  • Festas de Interese Turístico Nacional: Entroido de Verín e Entroidos do Oriente Ourensán.
  • Festas de Interese Turístico Galego: Entroido de Cobres, Entroido de Laza, Entroido de Viana do Bolo, Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda, Xenerais do Ulla, Entroido de Maceda, Entroido de Vilariño de Conso, Entroido da Sardiña en Marín.

 

Ademais dos disfraces, do espírito participativo e das ganas de divertirse, hai algo máis que caracteriza a esta época do ano: as festas gastronómicas. A estrela do espectáculo é o porco, acompañado de patacas, grelos, garavanzos… e de sobremesa, filloas, orellas, bica e licor café.

 

O programa deste ano pódese consultar na páxina web de Turismo de Galicia.