O Eixo Atlántico presenta unha guía dixital para descubrir as festas e eventos de Galicia e o norte de Portugal

O Eixo Atlántico presenta unha guía dixital para descubrir as festas e eventos de Galicia e o norte de Portugal

O Eixo Atlántico lanzou unha nova ferramenta interactiva que reúne, nun só espazo, a oferta cultural, gastronómica, patrimonial e natural de Galicia e do norte de Portugal. A guía dixital, de acceso libre, permite consultar de forma actualizada e personalizable as festas populares, concertos, eventos deportivos e celebracións gastronómicas que se celebran na Eurorrexión ao longo do ano.

 

Este recurso forma parte da estratexia turística do Eixo Atlántico, que busca consolidar un modelo baseado na excelencia e afastado da masificación. Financiada a través do proxecto POST-Espazo Atlántico, a guía complementa outras accións como a feira Expocidades, enfocada ao turismo de proximidade, e o impulso de novas liñas como o turismo de autor, o turismo policéntrico ou o turismo adaptado.

 

  • Unha axenda personalizada para o turismo de Galicia e norte de Portugal

 

Un dos seus principais atractivos é a opción de filtrar a información para planificar unha viaxe segundo as datas e o municipio que se queira visitar, ofrecendo así unha axenda personalizada. Ademais, a guía estará dispoñible tamén en inglés, con especial atención ao Camiño de Santiago, para facilitar que os peregrinos poidan ampliar o seu roteiro e prolongar as súas estancias.

 

  • O potencial do Eixo Atlántico

 

O Eixo Atlántico subliña que os sete millóns de habitantes de Galicia e o norte de Portugal, sumados aos tres millóns das rexións lindeiras, representan un importante mercado para o turismo de proximidade durante as 52 fins de semana do ano. A nova guía pretende aproveitar este potencial e reforzar o papel da Eurorrexión como destino cultural e de lecer de referencia.