O Clúster Turismo de Galicia traslada o seu apoio e  solidariedade a todos os afectados pola vaga de incendios que está a sufrir a comunidade

O Clúster Turismo de Galicia traslada o seu apoio e  solidariedade a todos os afectados pola vaga de incendios que está a sufrir a comunidade

A entidade amosa o seu recoñecemento apio a todos os profesionais que loitan contra o lume  

 

 O Clúster Turismo de Galicia amosa a súa preocupación pola vaga de incendios que están a afectar principalmente a zonas das provincias de Lugo  e Ourense.  En primeiro lugar desde o Clúster queremos trasladar o  noso apoio e solidariedade a todas aquelas persoas afectadas por esta vaga de incendios, aos desaloxados, aos que perderon a seu fogar e a todos os que viviron horas de incerteza e preocupación pola situación do lume. Así mesmo, desde a entidade que aglutina o sector turístico galego queremos recoñecer o labor de todos os profesionais que traballan incansablemente na extinción do lume.

 

Por suposto facemos extensiva a solidariedade e apoio ao resto de comunidades de España que están padecendo os estragos dos incendios. Lamentamos profundamente a situación que están a vivir as familias das poboacións que sofren a perda dos seus recursos naturais e que afectan de xeito importante a súa situación socioeconomica. Agardamos que as condicións meteorolóxicas favorezan canto antes o esforzo dos profesionais que loitan contra o lume para que poidan extinguir os incendios canto antes.