O Clúster participa esta semana no 6º Congreso Internacional de Turismo e Deporte en Ourense

O Clúster participa esta semana no 6º Congreso Internacional de Turismo e Deporte en Ourense

  • O programa reúne unha vintena de especialistas de España e Portugal que analizarán, os días 11 e 12 de decembro, as diferentes dimensións do turismo activo e o deporte.

 

Expourense acolle esta semana un encontro de profesionais do turismo activo e o deporte, que se pode seguir presencialmente ou virtualmente.

 

O congreso estrutúrase en tres seccións deseñadas para abordar as demandas actuais do sector.

 

  1. Dedicada á accesibilidade e inclusión en destinos turísticos e espazos naturais, e que contará coa participación da marca do Clúster, Galicia Destino Sostible, presentando experiencias e exemplos de boas prácticas.
  2. Taller centrado no financiamento deportivo, unha das cuestións que máis preocupa aos organizadores de eventos.
  3. Foro de Municipios Activos, dirixido a concellos que apostan polo turismo deportivo e de natureza, e un taller teórico-práctico de primeiros auxilios orientado ao deporte e ao turismo activo.

 

Podes rexistrarte de balde aquí.