O Clúster de Turismo participa nas ‘Xornadas Directas de apoio á comercialización do turismo español en México e Centroamérica'

O Clúster de Turismo participa nas ‘Xornadas Directas de apoio á comercialización do turismo español en México e Centroamérica’

  • O Instituto Español de Turismo (Turespaña) organiza encontros profesionais na Riviera Maya con axencias e touroperadores de sete países: México, Costa Rica, Honduras, Nicaragua, Panamá, El Salvador e Guatemala.

 

Estas xornadas, enmarcadas no Plan Estratéxico de Marketing Turespaña 2021-2024, pretenden posicionar a España como destino turístico de calidade, seguro e sostible nos mercados desta zona xeográfica.

 

O mercado mexicano, cunha poboación de 126 millóns de habitantes, conta con 26,5 millóns de persoas con capacidade económica para realizar polo menos unha viaxe internacional ao ano. Os seis países centroamericanos teñen un potencial turístico internacional do 27,5%, o que se traduce en 13,5 millóns de viaxeiros potenciais a Europa.

 

En canto ao perfil de gasto, os viaxeiros mexicanos e centroamericanos presentan características socioeconómicas moi superiores á media dos turistas internacionais no noso país, cunha media de 2.000 euros por persoa.

 

Durante as sesións realizaranse actos formativos para coñecer os mercados emisores e a oferta española. Tamén se incluirán encontros entre oferta e demanda, con 2.400 reunións previstas.

 

En representación do mercado galego participan o Clúster de Turismo e varios operadores da nosa comunidade: Tee Travel, Interrias, Pilgrim, Pambre Tours e Proguías.