O Clúster amplía o prazo de inscrición para a TTG Incontri Rímini

  • A próxima edición da feira internacional TTG Incontri Rímini celebrarase os días 11, 12 e 13 de outubro.
  • Os interesados poderán anotarse ata o 19 de setembro.

O Clúster amplía a data límite de inscrición para asistir á feira internacional TTG Incontri Rimini, que se celebrará do 11 ao 13 de outubro. A TTG Incontri Rímini é unha plataforma onde descubrir as últimas tendencias na industria de viaxes, coñecer profesionais e expertos de todo o mundo e facer crecer a súa rede e o seu negocio. 

 

O CTG encabezará unha misión comercial para a que pon ao dispor dos asociados 7 prazas para tomar parte no evento. Están destinadas a representantes do sector da comercialización e distribución (almacenistas e axencias de viaxe), así como do aloxamento (hoteis, cámpings, turismo rural, etcétera) e da oferta turística complementaria (turismo activo, náutico, MICE, novas experiencias…).

 

As persoas interesadas en participar terán que enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com antes das 19:00 horas do martes, 19 de setembro, manifestando o seu interese e incluíndo os seus datos persoais (nome, apelidos, DNI) e os datos de facturación da entidade asociada ao CTG (razón social, domicilio social e NIF) para efectuar a pre-reserva.