O club de produto “Galicia Destino Sostible” continúa a medrar con dez novas incorporacións e trece novas experiencias sostibles.
A marca turística “Galicia Destino Sostible” reforza o seu compromiso co turismo responsable coa recente incorporación de dez novas empresas gallegas: Cabanas Rías Baixas, É Restaurante, Noro Plaza, Noaru I, Noaru II, Cabañas O Recuncho do Sor, RinloCosta Cámping, Hórreos de Abrela, Luzada – Glamping Burbujas Galicia e Pensión Casa Acuña.
Ademais, tamén se aprobou a incorporación de trece novas experiencias centradas na sustentabilidade e o respecto polo medio ambiente, que se suman ao catálogo xa existente do club.
Con estas novas incorporacións, o club de produto continúa a consolidarse como un referente do turismo sostible en Galicia, tanto polo número de empresas membro (actualmente máis de 150) como pola variedade e calidade das máis de 180 experiencias turísticas que ofrece, todas elas vinculadas ao respecto pola natureza, a identidade local e o benestar da comunidade.
As empresas interesadas en unirse a “Galicia Destino Sostible” poden iniciar o proceso de adhesión a través da páxina web oficial, cumprindo un dos requisitos de acceso ou todos os requisitos obrigatorios e un terzo dos requisitos de acceso. Unha vez aceptadas, poden xestionar as súas experiencias no portal e beneficiarse das vantaxes do club de forma totalmente gratuíta.
Desde a súa creación en 2022, impulsado polo Clúster de Turismo de Galicia e financiada pola Xunta a través da Axencia Turismo de Galicia, o club impulsou unha rede de empresas que adoptan a sustentabilidade como valor diferencial, destacando unha oferta turística responsable, diversa e en constante crecemento.