Con motivo da inauguración do novo albergue de peregrinos en Milladoiro, no municipio de Ames, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou a nova infraestrutura que dará asistencia aos peregrinos que chegan a Compostela a través do Camiño Portugués. Unha ruta que se está consolidando como a segunda ruta máis transitada. ólo o ano pasado foron preto de 50.000 os peregrinos que a escolleron, representando o 17,83% do total dos que Galicia recibiu en 2016.
Este ano continúa a tendencia, porque no que vai de ano xa son preto de 1.000 os peregrinos que chegaron a Compostela pasando polo Milladoiro no Camiño Portugués e representando máis do 24% do total.
No total do ano, 2016 terminou cun incremento do 5,9% no número de Compostelas expedidas, alcanzando algo máis do 278 mil, unha cifra que supón un máximo histórico xa que supera nun 2,1% o dato alcanzando no último Xacobeo.
En canto ás procedencias, en 2016 volveron ser maioría os peregrinos estranxeiros, representando o 55.3% do total aínda que é certo que se incrementaron ambas as procedencias, a de peregrinos españois, un 1,5%, e a de estranxeiros, un 9,7%. Por rutas segue ocupando o primeiro posto o Camiño Francés co 63,4% do total pero o resto das rutas rexistran un maior dinamismo superando nun 12,8% as cifras do pasado ano 2015, destacando especialmemte o incremento do volume de peregrinos no Camiño Portugués, que foi do 20,9% neste 2016.