Dez xornalistas alemáns descobren a oferta turística galega nunha xornada de prospección organizada por Turismo de Galicia

Dez xornalistas alemáns descobren a oferta turística galega nunha xornada de prospección organizada por Turismo de Galicia

Un grupo de 10 profesionais da comunicación vinculados aos xornais máis importantes de Alemaña tiveron a oportunidade de coñecer parte da oferta turística da Comunidade galega nunha xornada de prospección organizada por Turismo de Galicia na que tiveron a oportunidade de descubrir os recursos litorais máis importantes de Galicia, a gastronomía vinculada coa costa así como descubrir os recursos enoturísticos do noso territorio a través da visita a unha adega da Ruta do Viño Rías Baixas. Na súa estancia, os xornalistas alemáns tamén se achegaron ao patrimonio monumental da Comunidade galega e a outros produtos turísticos como os pazos e xardíns da camelia.

O peso do mercado alemán

O peso do mercado alemán no noso territorio volveu incrementarse en 2016 cunha subida do 3,3% da cifra de viaxeiros aloxados durante 2015 e nun 3,6% o nivel de pernoctaciones. O turismo alemán acumulou, así, catro anos consecutivos de incremento da demanda en Galicia con máis de 163 mil viaxeiros aloxados e preto de 250 mil noites nos establecementos regulados de Galicia. Estas cifras supoñen que o mercado alemán representou en 2016 case o 11% do total internacional converténdose no segundo mercado en orde de importancia detrás de Portugal.