Liderada pola Axencia de Turismo de Galicia que confiou a súa redacción no Clúster de Turismo de Galicia, a Estratexia de Turismo de Galicia plasma o marco de traballo en materia turística para o período 2017-2020, tendo en conta as necesidades dos axentes de distintos ámbitos da cadea de valor do sector turístico galego. O obxectivo fundamental pasa por consolidar un destino competitivo cun gran valor estratéxico na economía galega.
A través dun proceso participativo que implicou a todo o sector e unha análise estratéxica definíronse seis grandes condicións necesarias para a construción deste modelo de turismo sobre o territorio:
– Potenciar a marca Galicia como destino turístico DIFERENCIADO a nivel global. Galicia es un territorio cunha enorme diversidade nun espazo xeográfico reducido, o que nos permite desenvolver un gran número de produtos turísticos diferenciados e únicos, atractivos para la experiencia del turista (ecoturismo, turismo termal, enogastronómico, Camiño de Santiago).
– Situar o turismo como PRIORIDADE dos distintos axentes públicos e persoais e establecer unha estratexia INTEGRAL (prestando atención a todos os territorios de Galicia) e INTEGRADORA (establecendo interconexións con outros sectores de maneira directa e/ou indirecta), DINÁMICA (velando constantemente pola súa correcta implantación) e DINAMIZADORA (dando cabida no seu deseño ao espectro máis amplo posible de axentes en contacto co sector), na que se concretan economicamente as liñas de actuación para alcanzar cada obxectivo e no que se establece un sistema de avaliación que vele polo correcto desenvolvemento do plan.
Os indicadores cuantitativos establecidos que permitirán avaliar e monitorar o correcto desenvolvemento da estratexia serán: o crecemento dun 21% no número de turistas ata alcanzar os 6 millóns no horizonte 2020 dos cales o 33% do total serán turistas estranxeiros. Tamén se aspira a mellorar a rendibilidade do sector e o gasto dos visitantes alcanzando os 60 euros de media por habitación e o 40% de ocupación hoteleira media mentres que para o turismo rural fíxase o crecemento en 4,4 puntos ata alcanzar o 20% de ocupación media.
Os eixos fundamentais desta nova folla de ruta pasan por explotar as fotalezas inherentes de Galicia como as súas paisaxes, a súa cultura, patrimonio e centros históricos ou o Camiño de Santiago, e lograr a desestacionalización das visitas para que se produzan durante máis semanas do ano e prolónguense máis xornadas. Para iso o Plan fai hinpacié en profundar na profesionalización do sector e unha aposta pola innovación turística e as novas tecnoloxías.