Catálogo lujo

Galicia é un destino sorprendente para quen descobre os seus atractivos. O viaxeiro que elixe Galicia acaba atrapado pola diversidade dunha oferta que atesoura catro patrimonios da Humanidade -a Torre de Hércules, a Muralla de Lugo, o casco antigo e a Catedral de Santiago ou os propios Camiños de Santiago, así como outros rechamantes recursos en potencia, como o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ou a Ribeira Sacra-, pero tamén o 40% de todos os bosques de España e o maior número de ríos da península, o que nos converte na terra da auga.