Balance da actividade inspectora de Turismo de Galicia nos pisos turísticos

Balance da actividade inspectora de Turismo de Galicia nos pisos turísticos

A directora de Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, repasou os datos que mostran a presenza das vivendas de uso turístico na nosa Comunidade e a actividade inspectora levada a cabo por parte da Xunta de Galicia. Así, destacou que marco creado en Galicia, permitiu neste tempo regular 9.872 vivendas de uso turístico, apenas o 0,6% da cifra total de vivendas Comunidade que, segundo o último censo realizado polo Instituto Nacional de Estatística (INE), é de 1,6 millóns de inmobles.

O balance anual foi presentado no marco da rolda de prensa da Consellería de Cultura e Turismo na que se presentaron as modificacións introducidas na regulación das vivendas de uso turístico – que inclúen a obrigatoriedade dos propietarios de incluír o número de rexistro do REAT nos seus anuncios en plataformas de comercialización en liña e a de remitir estatísticas trimestrais de ocupación á Xunta-.

No que respecta ás inspeccións, abríronse 107 expedientes relacionados con vivendas de uso turístico, 64 iniciados de oficio e 43 a partir de denuncias, un feito que ?demostra a correcta convivencia deste tipo de establecementos co resto de tipoloxías?. Destes 107 expedientes, tan só 31 derivaron en sancións, a maior parte delas por infraccións como operar sen estar inscritas no rexistro, sen presentar a correspondente declaración responsable ou sen obter a debida autorización turística. Trátase de incumprimentos cualificados como graves, segundo a normativa, que implican sancións de entre 900 e 9.000 euros.

No que respecta á repartición das vivendas de uso turístico, o concello cunha maior presenza deste tipo de establecementos é Sanxenxo, que supera as 1.700. A moita distancia sitúanse O Grove, Barreiros, Foz, Cangas ou Poio, todos eles por baixo das 350. Superan esa cifra tres dos destinos urbanos galegos: Santiago de Compostela, con 681, Vigo con 379 e A Coruña con 365.