Arrincou a comercialización do programa de Turismo Social do Imserso 2023-2024

Arrincou a comercialización do programa de Turismo Social do Imserso 2023-2024

  • O 26 de outubro deu comezo a comercialización do programa de Turismo Social do Imserso 2023-2024 en Galicia, entre outras comunidades.

 

O pasado 26 de outubro arrincou a comercialización do programa de Turismo Social do Imserso 2023-2024 en Galicia, entre outras comunidades. A nosa comunidade ofrece diferentes programas dentro da modalidade Turismo de Escapada: circuítos culturais, capitais de provincia, etc. Esta tempada poderanse coñecer as cidades de Ourense, Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela, así coma os municipios pontevedreses de Sanxenxo e Silleda.

 

Para aquelas persoas que buscan unha experiencia máis relaxada, poderán seleccionar o programa de Termalismo, descubrindo algúns dos balnearios repartidos polas catro provincias que contan con termas naturais:

 

Na Coruña: Balneario de Santiago de Compostela (Brión) e Balneario de Baños Viejos (Carballo).

 

En Lugo: Balneario de Termas Romanas (Lugo), Hotel Balneario do Río Pambre 2 (Palas de Rei), Balneario de Augas Santas (Pantón).

 

En Ourense: Hotel Balneario de Arnoia (Arnoia), Hotel Ansuiña (Baños de Molgas), Hotel Balneario (Baños de Molgas), Balneario de Carballiño (O Carballiño), Balneario de Laias (Cenlle), Hotel Balneario de Lobios (Lobios).

 

En Pontevedra: Hotel Balneario de Acuña 1 (Caldas de Reis), Balneario de Acuña 2 (Caldas de Reis), Balneario de Dávila (Caldas de Reis), Balneario de Caldelas (Caldelas de Tui), Balneario de Termas de Cuntis (Cuntis), Balneario Isla de La Toja (A Toxa), Baños de Brea (Merza), Balneario de Mondariz (Mondariz), Baños da Brea (Vila de Cruces).

 

Imserso galego

 

A Xunta de Galicia anunciou a posta en marcha dun programa de viaxes nacionais e internacionais con descontos para os galegos maiores de 65 anos que queiran coñecer mundo e vivir experiencias. Trátase dunha iniciativa, similar a un “Imserso galego”, que estará dispoñible para máis de 700.000 galegos.

 

Turismo sénior

 

O turismo sénior é un segmento á alza e de alto valor para o sector turístico. Trátase dun tipo de turista cuxo perfil cambiou en relación a xeracións anteriores: agora ten un maior nivel adquisitivo, mellor saúde, máis experiencia en viaxes, e están motivados pola cultura. Agora, este turista xa non só busca destinos na costa o unas illas españolas, senón que tamén se interesa polas cidades europeas, países do Caribe e outras zonas como o norte de África, motivados polo compoñente cultural. Ademais, o turista sénior viaxa durante todo o ano, incluso en tempadas de baixa ou media demanda.

 

Cada vez son máis os maioristas que ofrecen itinerarios alternativos aos programas do Imserso, planificando produtos propios especializados, atendendo á demanda deste segmento turístico tan importante para o sector.