Asesoramento, personalización e garantías, os aspectos das axencias de viaxe máis valorados segundo ObservaTUR

Asesoramento, personalización e garantías, os aspectos das axencias de viaxe máis valorados segundo ObservaTUR

  • A comercialización de seguros e a contratación de actividades nos destinos, os servizos complementarios máis solicitados polos clientes.

O Observatorio do Turismo Emisor de España, instrumento de análise e seguimento do turismo emisor promovido por Amadeus, AON, Beroni, Carrefour Viajes, IAG7/Airmet, Iberia, Ilunion Hotels, iryo, Mundiplan, ReiniziaT e a Asociación Nacional de Axencias de Viaxe (UNAV), vén de realizar unha enquisa sobre os aspectos que máis valoran os clientes das axencias de viaxe.

 

Aspectos máis valorados das axencias
Asesoramento profesional 54%
Capacidade personalización viaxes 48%
Seguridade e garantías que proporciona 45%
Coñecemento de destinos complexos 22%
Comprensión e cumprimento desexos asociados a viaxes 20%
Tecnoloxía e información para mellorar a experiencia 11%

Fonte: ObservaTUR

 

Porcentualmente, o servizo máis valorado desta enquisa é o relativo ao asesoramento profesional por parte dos axentes, levándose o 54% das votacións. Outro valor engadido que recoñecen os clientes, e cunha tendencia en alza, é a capacidade das axencias de viaxe para deseñar viaxes a medida, destacando a personalización de experiencias, cun 48%. O terceiro aspecto que se remarca das axencias de viaxe é o que se refire á seguridade e ás garantías que proporcionan, destacado polo 45% dos consultados.

 

Finalmente, pechan a enquisa o coñecemento de destinos complexos (cun 22%), a comprensión e cumprimento de desexos asociados á viaxe (co 20%), e a tecnoloxía e información para mellorar a experiencia (11%).

 

Servizos complementarios en axencias 23-24 22-23 21-22
Contratación de experiencias e actividades en destino 34% 9% 10%
Comercialización de seguros asociados a viaxes 54% 42% 16%
Alugamento de vehículos 12% 2% 3%

Fonte: ObservaTUR

 

Respecto aos servizos complementarios en axencias, os máis solicitados son a comercialización de seguros (54%) e a contratación de actividades nos destinos (34%). O alugamento de vehículos incrementa o seu protagonismo en 2023/2024, chegando ao 12%.