A Coruña acolle o 36º Congreso Nacional de OPC España do 22 ao 24 de febreiro

A Coruña acolle o 36º Congreso Nacional de OPC España do 22 ao 24 de febreiro

  • A sostibilidade dos eventos, a adaptación do sector MICE e a necesidade de integrar novas tecnoloxías centrarán esta edición.
  • As inscricións están abertas ata o 16 de febreiro a través da páxina https://opc2024.org/inscripcion/.

 

A Coruña acollerá este mes o 36º Congreso Nacional de Organizadores Profesionales de Congresos do 22 ao 24 de febreiro de 2024 en Palexco. O eixo temático desta cita xira en torno ao compromiso 360º, é dicir, na necesidade de que as empresas do sector MICE ofrezan aos seus clientes servizos e experiencias completas, útiles, actualizadas tecnoloxicamente, así como conscientes e sostibles.

 

O evento contará con relatorios centrados na sostibilidade dos eventos, na adaptación do sector MICE e na integración de tecnoloxías como a Intelixencia Artificial na contorna, na fiscalidade ou na xestión de patrocinios.

 

O 36 Congreso Nacional de OPC España permitirá aos asistentes actualizar o seu coñecemento con relatores de máximo nivel e compartir ideas, inquietudes e descubrimentos. Esta cita anual é un dos principais encontros de networking entre as OPCs máis activas e innovadoras de España, que aproveitarán a súa asistencia para profundar sobre ámbitos como: provedores, destinos, prescritores e clientes.

 

Ao redor de 250 profesionais MICE tomarán parte desta cita, entre os que tamén se atoparán representantes de Galicia MICE e OPC Galicia.

 

As inscricións para participar neste congreso estarán abertas ata o vindeiro 16 de febreiro a través da páxina opc2024.org. Poden asistir profesionais do sector, decisores, estudantes e persoas interesadas neste ámbito.

 

Foro MICE

 

De xeito paralelo, a cidade herculina acollerá o 22 de febreiro a reunión do Foro MICE, un encontro de debate que reúne a OPC España con outras asociacións que representan a empresas de venues, azafatas, tecnoloxía ou turismo de incentivos.