Terceira convocatoria do Programa de Axudas ReAccionaTIC

Terceira convocatoria do Programa de Axudas ReAccionaTIC

Promovido conxuntamente pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) e o IGAPE, até o próximo 28 de febreiro está aberta a 3º convocatoria do Programa de Axudas ReaccionaTIC creado co obxectivo de facilitar o acceso das pemes galegas, calquera que sexa o seu sector de actividade, aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte de implantación de tecnoloxías TIC.

As empresas interesadas pode solicitar a súa adhesión ao programa a través desta ligazón, onde poderán solicitar toda a información necesaria para a súa transición á empresa dixital e industria 4.0. Até a data máis de 150 empresas beneficiáronse dos servizos ofrecidos dentro deste plan da Xunta de Galicia a través das dúas convocatorias anteriores.