Cinco novas empresas súmanse a “Galicia Destino Sostible”

  • Torre de Tebra, Faro Pequeno, Faro de Cabo Silleiro, Salmoira e Pazo Quinteiro da Cruz son as últimas incorporacións á marca turística.

 

O Club de Produto “Galicia Destino Sostible” segue a medrar coa incorporación de cinco novas empresas comprometidas co turismo responsable en Galicia. Na última reunión do comité de avaliación, celebrada o pasado 29 de setembro, aprobáronse as adhesións de Torre de Tebra, Faro Pequeño, Faro de Cabo Silleiro, Salmoira y Pazo Quinteiro da Cruz, reforzando así a aposta por un modelo turístico máis sostible.

 

Con estas incorporacións, o club supera xa as 145 empresas adheridas e ofrece máis de 170 experiencias centradas na sostibilidade, abarcando aloxamentos, adegas, actividades náuticas e turismo en contacto coa natureza.

 

Desde a súa creación en 2022 polo Clúster Turismo de Galicia, co respaldo da Xunta de Galicia, “Galicia Destino Sostible” traballa para posicionar a comunidade como un destino de referencia en turismo sostible. O club promove prácticas que respectan o medio ambiente, a cultura e a sociedade, impulsando ao mesmo tempo o desenvolvemento económico do territorio.

 

  • Como formar parte de “Galicia Destino Sostible”?

 

As empresas interesadas poden solicitar a súa adhesión a través da web galiciadestinosostible.com. Para formar parte, é necesario cumprir con polo menos un requisito habilitante (como certificacións de sustentabilidade ou pertenza a iniciativas de ecoturismo) ou o 100% dos requisitos obrigatorios e un 33% dos valorables.

 

Unha vez aceptada, a empresa poderá xestionar as súas ofertas desde o portal e acceder ás vantaxes do club de produto de forma gratuíta.