Sanxenxo convértese no epicentro do turismo de experiencias coa xornada #ExperienciasAEDH 2025

Sanxenxo convértese no epicentro do turismo de experiencias coa xornada #ExperienciasAEDH 2025

Sanxenxo prepárase para recibir a expertos do turismo con ponencias, mesas redondas e networking na xornada #ExperienciasAEDH 2025.

 

O próximo 25 de marzo terá lugar a xornada #ExperienciasAEDH, un evento único para os profesionais do sector turístico que queren estar ao día nas últimas ferramentas e tendencias en comercialización, tecnoloxía, sustentabilidade e mellora da experiencia do viaxeiro. 

 

Esta edición de 2025, organizada pola Asociación Española de Directores de Hotel (AEDH), realizarase no Gran Talaso Hotel Sanxenxo, coa colaboración da Xunta de Galicia, o Clúster de Turismo de Galicia e o Instituto Tecnolóxico Hoteleiro (ITH).

 

Con un programa dinámico que inclúe ponencias, mesas redondas e sesións de networking, a xornada ten como obxectivo ofrecer aos asistentes novas estratexias e ferramentas para potenciar a comercialización do sector, mellorando a experiencia do viaxeiro e a súa conexión emocional cos destinos. A cita está especialmente dirixida a pequenas e medianas empresas turísticas locais que buscan innovar e aprender de expertos no ámbito nacional.

 

Un programa cheo de expertos e novas ideas


A xornada comezará ás 09:00 coa inauguración de Manuel Vegas, presidente da AEDH, e Óscar Fontán, director do Gran Talaso Hotel Sanxenxo.


A continuación, Manuel Veloso Espiñeira, da Oficina Técnica do Clúster de Turismo de Galicia, presentará a “Actualidade do Turismo en Galicia”, un análise clave para entender as tendencias actuais do sector na rexión.


Tamén se realizarán mesas redondas sobre como atraer ás novas xeracións de viaxeiros e ferramentas para mellorar a experiencia do viaxeiro.


A xornada incluirá momentos de networking durante o coffee break e o xantar. Pola tarde, o foro #AEDHVENUS explorará o liderado e os desafíos do turismo desde unha óptica de igualdade, innovación e sustentabilidade.

 

Inscricións abertas


As inscricións para a xornada #ExperienciasAEDH e o foro #AEDHVENUS xa están abertas.