O sector turístico galego aumentou a súa rendibilidade nun 8,6% durante o mes de setembro

O sector turístico galego aumentou a súa rendibilidade nun 8,6% durante o mes de setembro

  • Galicia creceu por enriba da media, rexistrando un aumento do 4% nas pernoitas.

O turismo en Galicia pechou un mes de setembro de éxitos, cun incremento do 5,9% no número de viaxeiros e do 4,2% en pernoitas en comparación con 2023. Este crecemento sitúa a Galicia en niveis históricos, acadando un máximo na serie histórica de pernoitas, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

 

O bo desempeño dos hoteis galegos non só se limitou á ocupación, reflectiuse nunha notable subida da rendibilidade, que rexistrou unha alza do 8,6%. Os ingresos no sector alcanzaron os 51,6 millóns de euros, o que supón un aumento do 7,8% respecto ao ano pasado.

 

No contexto nacional, Galicia destaca ao superar a media de crecemento estatal en ocupación e noites de hotel, situándose como a segunda comunidade con maior taxa de aumento de turistas en setembro. Este impulso responde, en gran medida, ao crecente interese internacional, que acumula catro anos consecutivos de crecemento en setembro.

 

No que vai de ano, de xaneiro a setembro, estímase que o sector hostaleiro obtivo uns ingresos totais próximos aos 350M€, superando os rexistros de 2023 nun 7,2%, e os previos á pandemia.