Arrinca unha nova edición da Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia

Arrinca unha nova edición da Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia

  • Esta iniciativa conforma un programa completo de actividades de enoturismo, desenvolto de forma continua e simultánea, nos cinco grandes territorios vitivinícolas galegos.

A través da marca Enoturismo en Galicia, da que forman parte o Clúster Turismo de Galicia e as cinco Asociacións das Rutas dos Viños das Denominacións de Orixe galegas (Monterrei, Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras), enmárcase unha estratexia de promoción co obxectivo de incentivar o desenvolvemento do enoturismo en Galicia: a Primavera de Portas Abertas.

 

O programa terá lugar durante cinco fins de semana, entre os meses de maio e xuño:

 

 

Durante este tempo, os participantes poderán gozar de visitas guiadas e gratuítas ás adegas que forman parte desta promoción. Ademais, haberá restaurantes que ofrecerán menús especialmente concibidos para a ocasión, así como aloxamentos con ofertas especiais para a fin de semana.

 

En cada unha das Rutas dos Viños de Galicia, levarase a cabo un programa especial de actividades para a fin de semana, como autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca e outras accións relacionadas co mundo do viño.

 

As adegas participantes ofrecerán tres visitas guiadas o sábado e unha o domingo, nos seguintes horarios:

 

  • Sábado: 11:00 h, 12:30 h e 17:00 h.
  • Domingo: 12:00 h.