A Secretaría de Estado de Turismo presenta o Manual de Destinos Turísticos Intelixentes

A Secretaría de Estado de Turismo presenta o Manual de Destinos Turísticos Intelixentes

  • O documento foi publicado pola editorial Springer baixo o título “The Spanish Model for Smart Tourism Destination Management: A Methodological Approach”.
  • A publicación pon de manifesto como a metodoloxía DTI exemplifica a concreción dunha filosofía de traballo vinculada á cooperación.

 

A Secretaría de Estado de Turismo vén de presentar o Manual de Destinos Turísticos Intelixentes, publicado en inglés pola editorial Springer baixo o título “The Spanish Model for Smart Tourism Destination Management: A Methodological Approach”.

 

O manual, que tamén será publicado en español nun futuro, ten como obxectivo principal dar visibilidade internacional ao modelo DTI e ao talento e traballo de España en materia de innovación e dixitalización. Esta publicación pon de manifesto como a metodoloxía DTI exemplifica a concreción dunha filosofía de traballo vinculada á cooperación.

 

O manual foi presentado a principios do mes de febreiro por Rosana Morillo, a secretaria de Estado de Turismo, nun acto que contou coa participación da directora executiva da OMT, Natalia Bayona; o presidente de SEGITTUR, Enrique Martínez, o director de I+D+i, Carlos Romero, e representantes de destinos.

 

Manual de Destinos Turísticos Intelixentes

 

O documento estrutúrase en tres bloques. O primeiro céntrase nas tendencias actuais que afectan ao sector turístico, destacando os desafíos que estas representan para a xestión dos destinos, e as respostas que un Modelo de Xestión Intelixente de destinos debería ser capaz de ofrecer.

 

O segundo bloque detalla os fundamentos metodolóxicos do modelo español para a xestión intelixente dos destinos: obxectivos, estrutura, eixos estratéxicos, ámbitos de actuación, requisitos a cumprir por ámbitos, e indicadores de seguimentos.

 

O terceiro bloque descríbese coma un conxunto de ferramentas para a adaptación e aplicación do modelo nos diversos contextos: boas prácticas, leccións aprendidas, funcionamento da Rede DTI, etc.