Pódese gozar do programa a través de diferentes experiencias: ademais do “Menú Outono” pódese adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” no que se pernocta durante unha noite na casa de turismo rural que se escolla. Existe tamén a posibilidade de gozar da oferta completa grazas ao paquete “Fin de Semana Outono Gastronómico”.
Por outro lado, se a idea e gozar coa familia, pódese adquirir o “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico”.
A opción máis completa sería a de “Outono Plus”, aquela na que os establecementos ofrecen a maiores actividades complementarias como visitas culturais, descensos, sendeirismo ou rutas a cabalo.
O obxectivo deste programa é impulsar o turismo rural tras a finalización do verán e intentar mantelo á alza. Ademais, este ano incrementa o número de aloxamentos rurais adheridos. En total 79, dos cales 16 están na provincia de Pontevedra, 24 na de A Coruña, 22 na de Lugo e 17 en Ourense.