’27 lugares con encanto de 2027’, o produto turístico que diversifica e promove o Camiño de Santiago no horizonte do Xacobeo 2027

’27 lugares con encanto de 2027’, o produto turístico que diversifica e promove o Camiño de Santiago no horizonte do Xacobeo 2027

  • A través desta guía, posta en marcha pola Xunta de Galicia, amósanse pequenos tesouros descoñecidos nos diferentes itinerarios: desde igrexas, castelos, pontes, camiños medievais, dolmens, illas ou castros.

Co fin de diversificar e promover todos os itinerarios do Camiño de Santiago, e co propósito de repartir a peregrinación polas diversas rutas no horizonte do Xacobeo 2027, a Xunta de Galicia vén de poñer en marcha un novo produto turístico: ’27 lugares con encanto de 2027’.

 

A través desta guía de peregrinación amósanse diferentes recunchos e monumentos menos coñecidos das rutas xacobeas. O documento amosa eses pequenos tesouros e lugares con encanto distribuídos polas catro provincias e os itinerarios xacobeos.

 

O produto turístico é unha pequena mostra dos Camiños xacobeos que percorren Galicia ao longo de máis de 1.500 km. Inclúense desde igrexas, castelos, pontes, camiños medievais, dolmens e ferrerías, ata illas e castros. A guía, que se pode consultar a través da páxina web de Turismo de Galicia, inclúe os seguintes lugares:

 

  1. Igrexa de San Xoán (Pedrafita do Cebreiro)
  2. Ferrería da Ponte (Triacastela)
  3. Fraga de Barbadelo (Sarria)
  4. A Pobra de Burón (A Fonsagrada)
  5. Hospital de Montouto (A Fonsagrada)
  6. Castelo de Castroverde (Castroverde)
  7. Santuario de Arante (Ribadeo)
  8. Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo)
  9. Ponte de Sa (Vilalba)
  10. Ponte das Febres (Tui)
  11. A Canicouva (Pontevedra)
  12. Illas Estelas (Nigrán)
  13. San Martiño de Xubia (Narón)
  14. Os Carrás (Ordes)
  15. Ponte da Ulloa (Oroso)
  16. Santa María a Real (Xunqueira de Ambía)
  17. Ponte de Vilanova (Allariz)
  18. Ponte de Éntoma (O Barco de Valdeorras)
  19. Castelo de Torrenovaes (Quiroga)
  20. Castelo de San Lourenzo (A Pobra de Brollón)
  21. San Paio de Diomondi (O Saviñao)
  22. Igrexa do Corzón (Mazaricos)
  23. Igrexa de Morquintián (Muxía)
  24. Cruceiro de Cortegada (Cortegada)
  25. Torres de Oeste (Catoira)
  26. Brañas de Dodro (Dodro)
  27. Santiago de Compostela