1,8M€ para revalorizar o potencial turístico dos portos deportivos de Galicia

1,8M€ para revalorizar o potencial turístico dos portos deportivos de Galicia

  • Grazas a un convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e a Asociación de Clubs Náuticos de Galicia (ASNAUGA).
  • Esta acción enmárcase no Plan Territorial de Sostibilidade Turística da Costa, posto en marcha con fondos Next Generation.

 

Turismo de Galicia e a Asociación de Clubs Náuticos de Galicia (ASUNAGA) asinarán un convenio para  revalorizar todos os activos turísticos vinculados ao turismo náutico: actuacións de mellora da eficiencia das infraestruturas portuarias de Galicia, rehabilitación de infraestruturas, mellora de servizos, dixitalización de recursos para optimizar a experiencia do visitante…

 

O obxectivo do acordo é acadcar unha maior cohesión e integración, mediante a creación de servizos costeiros nas rías, a creación e promoción de proxectos de emprendemento innovador, o desenvolvemento de actividades náuticas e deportivas, entre outros.

 

Tomando como referencia os casos de éxito de Portugal, Francia ou Alemaña no ámbito do turismo fluvial, preténdese conseguir que o turismo náutico sexa visto como un potencial para ofrecer servizos de mobilidade e de acollida.