A Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas presentaron o pasado luns, 29 de xullo, a nova ‘Estratexia Rías Baixas Turismo 61’ nos xardíns do Palacete das Mendoza, en Vigo. Esta estratexia, cun investimento de preto de 45 millóns de euros, busca potenciar o turismo nos 61 municipios da provincia, promovendo a calidade de vida local e a integración dos visitantes.
Esta estratexia preséntase nun momento de crecemento do turismo na rexión, cun incremento significativo de visitantes e gasto turístico desde 2019. O plan estrutúrase en cinco eixos principais que inclúen 42 liñas de acción e máis de 225 actuacións concretas co obxectivo de executarse ata 2030:
O evento de presentación contou coa participación de importantes figuras públicas e representantes de municipios e empresas de toda a provincia, como o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez; a deputada de Turismo, Nava Castro, ou o director de Axéncia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles. Representando ao Clúster Turismo de Galicia asistiron o presidente da entidade, Cesáreo Pardal, e a vogal do CTG e xerente de la Ruta do Viño Rías Baixas, Lorena Varela.
Luis López, presidente do ente provincial, destacou que a ‘Estratexia Rías Baixas Turismo 61’ é un paso adiante para construír un destino turístico desestacionalizado e sostible, aliñado coas políticas provinciais actuais e futuras. Ademais, esta folla de ruta tamén busca fomentar a colaboración entre o sector público e privado para desenvolver un turismo sostible e competitivo.