Actividades Destacadas

  • A feira internacional, celebrada do 4 ao 6 de novembro, contou coa participación de máis de 4.000 expositores.

Conclúe a misión comercial do Clúster Turismo de Galicia na World Travel Market de Londres. A feira internacional, un dos encontros máis importantes do calendario para o sector, celebrouse do 4 ao 6 de novembro no centro de exposicións ExCeL. A edición de 2024 foi maior que en anos previos, ao habilitarse novos pavillóns para albergar aos máis de 4.000 expositores asistentes.

 

Galicia foi unha das comunidades que se integrou na caseta de Turespaña, onde Turismo de Galicia tivo un espazo promocional, no que á súa vez reservou unha zona de reunións que o Clúster Turismo de Galicia puxo ao dispor dos participantes na misión comercial desta feira.

 

A delegación de 16 persoas estivo integrada polo presidente da Clúster, Cesáreo Pardal; o vicepresidente, Jesús Picallo; o tesoureiro, Alfonso Martínez; o vogal e expresidente do Clúster, Francisco González; pola marca turística ‘Galicia Destino Sostible’, e polos representantes das empresas turísticas Iberik Hoteles, Tee Travel, Pazo Los Escudos Hotel & Spa Resort 5*, Hotel Carlos I Silgar, Viajes Camino de Santiago, Oca Hoteles, Grupo Carrís, Expourense e Artnatura Galicia.

 

O CTG participou cos catálogos Galicia Travel Agencies e Galicia, un luxo para os teus sentidos. Ademais, no transcurso da feira, puideron manterse reunións con axentes e empresas provedoras e colaboradoras; estreitando lazos con axentes de interese para o desenvolvemento da actividade do Clúster.

 

O Club de Produto ‘Galicia Destino Sostible’ estivo presente para, ademais de promocionar o compromiso do tecido empresarial galego co desenvolvemento sostible, coñecer as tendencias, novidades e actualidade en materia de sostibilidade turística. Pola súa banda, as empresas asistentes non só puideron establecer novos contactos, senón que afianzaron lazos con provedores e axentes de viaxe que xa coñecen o destino e as empresas que o conforman.

 

O turismo británico en Galicia

 

Segundo os datos do INE, o pasado 2023 o mercado británico rexistrou ao redor de 130.000 turistas, que xeraron 930.000 pernoitas. Unhas cifras que superan nun 16 % e 10 % os valores de 2022. De feito, o mercado británico representa o 5,5% do total do turismo internacional que acumula Galicia, posicionándose na quinta posición por detrás de Portugal, Francia, Alemaña e Países Baixos.

 

12 de Novembro de 2024

O Clúster reforza a internacionalización do destino Galicia na WTM de Londres

A feira internacional, celebrada do 4 ao 6 de novembro, contou coa participación de máis de 4.000 expositores. Conclúe a misión comercial do Clúster Turismo de […]
17 de Setembro de 2024

O Clúster prepara a súa misión comercial para a feira internacional TTG Incontri Rímini (2024)

Os días 9, 10 e 11 de outubro celebrarase a vindeira edición da feira internacional TTG Incontri Rímini. Hai 7 prazas dispoñibles e os interesados ​​poden […]
12 de Agosto de 2024

‘Tan sostible como’, a nova campaña do Clúster para promocionar a marca turística ‘Galicia Destino Sostible’

A campaña estenderase ata o 30 de novembro de 2024. Unha landing web, unha campaña de Social e Google Ads, unha peza audiovisual, sorteos semanais e […]
16 de Xullo de 2024

O Clúster reforza a promoción internacional do destino Galicia

Santiago acolleu o 16 de xullo a Asemblea xeral do Clúster na que se fixo balance das actuacións desenvolvidas en 2023 e se deu conta das […]