A terceira edición do ProturgaTrip viaxa ata a comarca do Ribeiro

A terceira edición do ProturgaTrip viaxa ata a comarca do Ribeiro

A Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia (PROTURGA) promove para o vindeiro 7 de novembro un novo #ProturgaTrip, una viaxe de familiarización dirixida aos profesionais do turismo coa que se pretende, ademais, ofrecer a posibilidade de que este profesionais experimenten os recursos turísticos que se visitarán e interactúen con eles.

Aproveitando que o domingo 8 de novembro é o Día Internacional do Enoturismo, o grupo participante visitará a comarca do Ribeiro, a cal conta coa Denominación de Orixe Vitivinícola máis antiga de Galicia. A xornada dará comezo no casco histórico de ribadavia onde os recibirán maría lópez touza, concelleira de cultura e turismo do concello de ribadavia e antonio míguez, técnico de turismo do concello de ribadavia, quen se encargará da visita guiada polo barrio xudeu e a visita ao futuro Museo Do Viño De Galicia.

Continuarase o camiño tendo a oportunidade de coñecer unha das adegas máis antigas de Galicia, Adegas Valdavia, o proceso de elaboración dos seus viños e as variedades de uva empregadas na súa elaboración.

Gozarase dun menú especial durante o Xantar Networking no restaurante do Parque Náutico de Castrelo de Miño e posteriormente visitarase as instalacións do Náutico de Castrelo de Miño da man dos xerentes para coñecer o seu traballo de captación de equipos de competición a nivel nacional e internacional.

O prezo de participación é de 18€ para os socios de Proturga e de 21€ para os non socios. O prazo de inscrición rematará o día 5 de novembro de 2015. Para realizar a inscrición ou recibir máis información pódese contactar coa Directiva de Proturga no 636788152 ou por correo- electrónico sandra.proturga@gmail.com