Nace a marca turística A Ría da Estrela para promover os recursos da ría Muros-Noia

Nace a marca turística A Ría da Estrela para promover os recursos da ría Muros-Noia

Co obxectivo de potenciar a área da ría Muros-Noia, os concellos desta área agrupados na Asociación de Desarrollo Rural Ría Muros-Noia, en colaboración con Turismo de Galicia, veñen de presentar a súa nova marca turística, A Ría da Estrela, un plan de dinamización turística da zona coa que se quere dar a coñecer os enormes recursos turísticos da área que ocupan os concellos de Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son. A súa imaxe de marca, unha estrela de mar, ademais de representar aos cinco concellos que se inclúen no proxecto, evoca aspectos do Camiño (como a relación coa vía láctea) e será a encargada de unificar as mensaxes promocionais da zona.

Ría da Estrela é, pois un plan de promoción turística da rúa de Muros-Noia como producto de marketing territorial, unha acción que se apoia en primer lugar nun sitio web e presenza en tres redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram), ferramentas de promoción con las que contribuir a fijar la marca turística, que se promocionará bajo los eslóganes en castellano, gallego e inglés: “O mar a vinte minutos de Compostela” e “O mar de Santiago”». A web inclúe un apartado de actualidade e divide os recursos turísticos agrupados nos apartados Crer; adicado ás experiencias, relixión e lendas; Saber, centrado nos aspectos culturais; Oir, que se achega ás tradicións e festas; Ver, que engloba a beleza natural de prais e miradores e, finalmente, Comer, beber e durmir, orientado ao sector da hostalería.

A estratexia complétase coa edición de 60.000 folletos promocionais, e un stand de promoción que se moverá por diferentes centros comerciais das cidades galegas para promover o coñecemento deste produto turístico, así como tamén se empregará para feiras turísticas.