III ENCONTRO CTG #TURISMO 2020. Consolidando un destino turístico sostible

III ENCONTRO CLUSTER DE TURISMO DE GALICIA

#TURISMO 2020

Consolidando un destino turístico sostible

Trala recente aprobación da nova Estratexia de Turismo de Galicia 2020, que marca a folla de ruta do sector para o próximos catro anos, o III Encontro do Clúster Turismo de Galicia pretende dar unha visión de conxunto das tendencias actuais e trazar a orientación de futuro do sector.

Organizada en colaboración coa Deputación de Ourense, o Encontro está dirixido a profesionais do sector turístico, e a toda a cadea de valor que conforma o sector turístico en Galicia. Termalismo e gastronomía, deportes e turismo, innvación e novas tecnoloxías a terceira edición dos Encontros Clúster Turismo de Galicia abordará as sinerxías que pode desenvolver o sector turístico con outros eventos de carácter cultural, deportivo ou gastronómico á vez que se sinala as futuras tendencias que marcará a posta en marcha da Estratexia de Turismo2020.

Os Encontros do Clúster Turismo de Galicia buscan profundar no coñecemento de Galicia como destino turístico e servir de punto de encontro para o conxunto do sector implicado en mellorar a posición competitiva de Galicia no mercado turístico global.

¿Por qué non debo perderme esta xornada?

  • Porque contaremos coa presenza de destacados relatores especializados na mercadotecnia turística, o turismo deportivo, wellness e enogastrónomico así como expertos na aplicación das novas tecnoloxías e solucións para o sector.
  • Porque contaremos coa presenza de responsables de grandes grupos internacionais como Amadeus, IBM ou AirBnB
  • Porque haberá espazo para o coloquio, as preguntas e o networking que nos permitirá crear un punto de encontro co sector e os seus profesionais.

Programa

09:30 Acreditación e receción de asistentes

10:00 Relatorio: “Tendencias e oportunidades no sector turismo no Horizonte 2020″

Fernando Puelles. Head of Business Travel Amadeus España& Portugal. Amadeus IT Group. Harvard Bussiness School

10:30 Mesa redonda: “Termalismo e gastronomía como factores diferenciais do turismo de Galicia”

Ponentes:

Amaia López de Heredia. Coordinadora do Máster en Turismo Gastronómico. Basque Culinary Center

Carles Martí. Director de producto Nextel.

Tono Franco, socio director xeral- strategy Globaldit

Modera: Alejandro Rubín. Xerente de Expourense

12:00 Pausa- Café

12:30 Inauguración

José Manuel Baltar. Presidente da Diputación de Ourense

Francisco González. Presidente do Clúster de Turismo de Galicia

Nava Castro. Directora de Turismo de Galicia

Matilde Asián. Secretaria de Estado de Turismo

13:00 Relatorio: “Turismo e deporte: como xerar valor e sinerxias”

Jesús Bueno. Vicepresidente NBA Europa, Africa e Medio Leste. Doctor Honoris Causa

 

14:00 Cocktail – almorzo networking

15:30 Mesa redonda: “Perspectiva turística de eventos deportivos e culturais”

Ponentes:

Carles Cantó. CEO de SPSG Consulting. Profesor asociado de Sport Business en ESADE Business School.

Javier Guillén. Director Xeral de Unipublic e Director da Volta Ciclista a España

Patricio Sánchez Fernández. Coordinador do Máster en Xestión do Deporte. Universidade de Vigo.

Modera: José Manuel Rodríguez, xerente INORDE

17:00 Mesa redonda: “Innovación turística e novas tecnoloxías”

Ponentes:

Alicia Jódar. Directora de Marketing de Pangea

Elisa Martín Garijo. Directora de innovación en IBM

Sergio Vinay. Public Policy Associate, Spain & Portugal AIRBNB

Modera: Enrique Lancis. experto na aplicación das nuevas tecnoloxías en turismo

18:30h Clausura

Inscricións de balde. Aforo limitado

Lugar e Data

Xoves 27 de abril de 2016

Ubicación:

De 9:30h a 18:30h. Centro Cultural Marcos Valcarcel (Progreso, 30) OURENSE

Inscríbete!

Nome (requerido)

Apelidos (requerido)

Entidade / Empresa (requerido)

Correo electrónico (requerido)

Asistencia ao buffet libre gratuito,

SINo