#Jornada5M, Mesa Redonda: Exemplos de aplicacións tecnolóxicas para a mellora da comercialización turística

#Jornada5M, Mesa Redonda: Exemplos de aplicacións tecnolóxicas para a mellora da comercialización turística

Conducida polo redactor xefe de TecnHotel, Juan Daniel Núñez, a mesa contou coa participación de Rubén Sánchez, CEO de Beonprice; María José Vargas, responsable comercial en España de Parity rate e Patricia Miralles, responsable da área de Innovación do Instituto Tecnolóxico Hostaleiro.

A implementación do revenue management no sector turístico español centrou a participación do CEO de Beonprice, Rubén Sánchez, que destacou que o obxectivo de implementar dita tecnoloxía é o de vender o maior número de prazas hostaleiras ao mellor prezo posible, ofrecendo unha vantaxe ao sector hostaleiro

Descarga a intervención de Rubén Sánchez, de Beonprice

A responsable comercial de ParityRate, María José Vargas, abordou o uso e as vantaxes competitivas que presenta a implantación do chanel management, que permite a actualización dos prezos e a dispoñibilidade simultaneamente e en tempo real en todas as canles, o que permite ao hostaleiro aforrar en tempo e custos e evitar problemas na xestión das súas dispoñibilidades.

Descarga a intervención de María José Vargas, de ParityRate

Finalmente Patricia Miralles, do ITH centrouse no uso da tecnoloxía como aliada para a mellora da comercialización e distribución no sector turístico, analizando os cambios que se produciron nos últimos anos no proceso de comercialización e as demandas do novo cliente, que ten á súa disposición un gran número de recursos en liña para a procura de aloxamento. Miralles tamén analizou as novas tendencias neste sector e a necesidade de que o sector personalice a súa oferta, analice correctamente a demanda existente e ofreza un bo produto co prezo adecuado.

Descarga a intervención de Patricia Miralles, de ITH