Xornada de Turismo 20 de decembro de 2022
Boas prácticas na xestión turística
O sector turístico é unha das maiores fontes de emprego e un dos principais motores do desenvolvemento económico e social. Por iso, o sector turístico debe ser entendido como un elemento transversal e integrador, capaz de contribuír ao adecuado desenvolvemento económico, social e ambiental dos destinos.
Para iso, é fundamental que os diferentes axentes turísticos, tanto públicos como privados, compartan as súas experiencias e coñecementos. Así, o vindeiro martes 20 de decembro en Vilagarcía de Arousa daranse a coñecer exemplos de boas prácticas na xestión turística en diversos ámbitos, así como a valoración dos beneficios a medio e longo prazo < /strong>que a implantación de sistemas de xestión adecuados ten tanto para as empresas como para os destinos.
A xornada “Boas prácticas en xestión turística” materialízase nunha xornada técnica dunha mañá, que se estrutura mediante presentacións e mesas redondas. Ademais, o evento está dirixido principalmente a profesionais do sector turístico e, en xeral, a calquera persoa interesada en asistir.
O prazo para inscribirse será o 19 de decembro ás 18:00 horas
Programa
Martes 20 de decembro de 2022. Auditorio Municipal de Villagarcía de Arousa.
Transmisión en directo por streaming
09:00 Recepción de asistentes
09:30 Benvida e apertura institucional
Tania García Sanmartín, 1º Tenente de Alcalde de Vilagarcía de Arousa
Cesáreo G. Pardal, Presidente do Clúster de Turismo de Galicia
Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra
10:00 Mesa redonda: Prácticas recomendadas en destino
Modera: Ana Laura Iglesias, Deputada de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra
Emilio Torres, Vía Verde e do Aceite
Paulo Queiroz, JPQ Consultores, Portugal
11:00 Presentación: Análise e previsión de turismo a través do Big Data
Fiorella Petrone e Jaime de la Calzada, de Amadeus.
11:45 Pausa para café
12:15 Conferencia: Experiencias turísticas
Víctor Sixto, experto en turismo e enogastronomia
12:45 Mesa redonda: boas prácticas comerciais
Moderado por: Ana Mª Mejías, Deputada de Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Empresarial da Deputación de Pontevedra
María Troncoso, de Hospitality for the Climate, Coca-Cola EuroPacific Partners
Rafael González, Socio director de Vivential Value
Roberto Fraga, CEO de Pilgrim
14:00 Peche do acto
Jesús Picallo, Vicepresidente do Clúster do Turismo de Galicia
Ana Mª Mejías, Deputada de Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Empresarial da Deputación de Pontevedra
Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia
Lugar e data
Martes, 20 de decembro de 2022
Localización:
Auditorio Municipal de Villagarcía de Arousa
