• A sesión será vía en liña e celebrarase o martes, 3 de xuño, ás 16:30 horas.

 

Este martes, 3 de xuño, ás 16:30 h, o Clúster Turismo de Galicia celebrará o webinar “Recarga para vehículos eléctricos. Unha oportunidade para o turismo galego”, unha sesión en liña gratuíta na que se explicarán todos os detalles do acordo marco con ME Renewing, empresa especializada en mobilidade eléctrica do grupo Mota-Engil.

 

Este acordo permite aos establecementos turísticos galegos instalar puntos de recarga para vehículos eléctricos sen asumir ningún custo, facilitando así a súa adaptación a un modelo máis sostible e competitivo.

 

A xornada está aberta a todas as empresas interesadas en sumarse a esta iniciativa. Durante a sesión, abordaranse temas como o estado da electromobilidade en Galicia e España, o modelo de negocio de Renewing Remo, as condicións do convenio co Clúster, e para rematar habilitarase un espazo para resolver dúbidas.

 

Aínda estás a tempo de inscribirche e coñecer como sumarche a esta transformación. Accede aquí ao formulario de inscrición.

 

02 de Xuño de 2025

Última oportunidade para inscribirse no webinar “Recarga para vehículos eléctricos. Unha oportunidade para o turismo galego”

A sesión será vía en liña e celebrarase o martes, 3 de xuño, ás 16:30 horas.   Este martes, 3 de xuño, ás 16:30 h, o […]
27 de Maio de 2025

Clúster e ME Renewing organizan o webinar “Recarga para vehículos eléctricos. Unha oportunidade para o turismo galego”

A sesión en liña será o martes 3 de xuño ás 16:30 h e está aberta a todas as empresas turísticas interesadas en sumarse a esta […]
21 de Maio de 2025

Clúster e eco-union colaboran na organización dun webinar para presentar unha ferramenta pioneira de autodiagnóstico climático para empresas do sector

A sesión celebrarase o 26 de maio, co título “Turismo + Resiliente: Presentación da plataforma de autodiagnósticos”.   O Clúster Turismo de Galicia reforza o seu […]
14 de Maio de 2025

O Club de Produto Galicia Destino Sostible consolídase con máis de 130 empresas adheridas e 150 produtos

 A iniciativa, froito da colaboración entre o Clúster de Turismo e a Xunta para aglutinar nunha mesma plataforma a oferta de turismo sostible da Comunidade, está […]