Galicia Calidade Lecer

Desde que Galicia Calidade, a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e/ou servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción, segue sumando incorporacións no capítulo de servizos turísticos. Un total de 44 establecementos contan xa co selo Galicia Calidade Lecer, que certifica a calidade dos establecementos turísticos de Galicia. As dúas útimas incorporacións foron un restaurante en Ourense, Comonacasa e un aloxamento, Leira Goleta, en Lugo.

E é que esta marca ampara hoteis, restaurantes e aloxamentos de turismo rural que cumpran os requisitos do Regulamento de uso da marca e que cumpran os requisitos establecidos nos seus pregos, tales como estar dado de alta no REAT, ter unha antigüidade mínima de 2 anos ou contar co certificado Q de Calidade Turística ou, na súa falta, o selo dunha norma ISO 9001 e o compromiso de calidade turística (SICTED).

Ademais estes establecementos deben superar unha auditoría que garanta que a oferta gastronómica conte cun número significativo de receitas galegas e que as elaboracións se fagan con materias primas amparadas polos selos de certificación de orixe correspondentes (D.O, IXP), ademais de velar pola elevación da calidade dos servizos.

E é que a procura da excelencia determina o obxectivo final deste tipo de selos, cos que os establecementos adquiren un compromiso non só cos seus clientes, se non tamén cos profesionais que forman parte do seu equipo e coa contorna no que se atopa o establecemento, contribuíndo así a un desenvolvemento económico sustentable.

22 de Decembro de 2018

Conclúe o ano cun total de 44 establecementos turísticos amparados baixo o selo Galicia Calidade Lecer

Desde que Galicia Calidade, a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e/ou servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima […]
17 de Decembro de 2018

Descobre os restaurantes de Galicia Calidade Lecer que están na Guía Repsol

Sempre é un bo momento para gozar da gastronomía en Galicia pero cada vez máis as datas sinaladas, incluso as de Nadal, pásanse fóra de casa, […]
23 de Marzo de 2018

42 establecementos de aloxamento e restauración con selo Galicia Calidade

Nas portas de arranque de Semana Santa, período no que se producirán miles de desprazamentos e no que o turismo arrinca definitivamente a tempada 2018, Galicia […]