coronavirus

O prazo para presentar ideas finalizará o vindeiro venres, 10 de abril

Solucións para devolver a saúde ao turismo é o nome do reto que lanzou a Organización Mundial do Turismo (OMT) en colaboración coa Organización Mundial da Saúde (OMS) co obxectivo de que os innovadores e emprendedores presenten proxectos que poidan axudar ao sector turístico a recuperarse do Covid-19. O prazo para presentalos termina o venres 10 de abril.

Os gañadores do reto serán convidados a presentar as súas ideas ante os representantes de máis de 150 gobernos e accederán á Rede de Innovación da OMT, da que forman parte centos de empresas emerxentes e outras de primeira liña do sector turístico.

Ideas listas para porse en marcha
«Con millóns de postos de traballo en risco mentres a pandemia golpea ao turismo con máis forza que a calquera outro sector, o organismo das Nacións Unidas especializado neste sector incluíu a innovación na súa resposta xeral ao Covid-19», sinalan desde o organismo internacional. O obxectivo final da competición é, por tanto, ser capaces de mitigar o impacto e situar ao turismo no eixo dos futuros esforzos de recuperación. En particular, o reto aspira a atopar ideas que poidan ter un impacto inmediato para os destinos, as empresas e os esforzos de saúde pública.

Neste sentido, os participantes deben poder demostrar que as súas ideas poden axudar ao turismo na súa resposta ao Covid-19. Para iso, ditas ideas deben estar xa en fase de probas, cun plan de negocio formulado, para poder porse en práctica en varios países. «Queremos ideas que axuden ás comunidades a recuperarse da crise, económica e socialmente, e que poidan contribuír á resposta de saúde pública», sinala o secretario xeral da OMT, Zurab Pololikashvili.

Os participantes deben poder demostrar que as súas ideas poden axudar ao turismo na súa resposta á COVID-19. Estas ideas deben pasar xa a fase de probas e estar listas para escalarse, cun plan de negocio xa formulado e potencial para porse en práctica en varios países.

02 de Abril de 2020
llamamiento OMT emprendedores

A Organización Mundial do Turismo lanza unha competición de ideas para axudar ao sector

O prazo para presentar ideas finalizará o vindeiro venres, 10 de abril Solucións para devolver a saúde ao turismo é o nome do reto que lanzou […]
01 de Abril de 2020
aeropuerto viajeros

Consumo acepta a petición das axencias de viaxes e permite emitir bonos en lugar de efectuar reembolsos

O Consello de Ministros aprobou esta semana unha modificación na normativa de viaxes combinadas que dá un balón de osíxeno ás axencias de viaxes. Grazas á […]
30 de Marzo de 2020
formación on line Xunta de Galicia

Catro novos webinars da Consellería de Cultura e Turismo completan o plan de teleformación para o sector turístico galego

Ante o éxito do primeiros catro webinars lanzados pola Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente […]
26 de Marzo de 2020

A Xunta de Galicia habilita unha listaxe de aloxamentos turísticos a disposición de traballadores desprazados, persoas en tránsito ou especialmente vulnerables durante a crise do coronavirus

A inspección turística velará porque se respecten en todo momento os requisitos esixidos e o cumprimento das normas ditadas polas autoridades sanitarias Tras o peche oficial […]