Amplíase o prazo, ata o 2 de maio, para a solicitude das axudas a actuacións de eficiencia enerxética nos aloxamentos turísticos

Ayudas eficiencia energética alojamientos turísticos

Amplíase o prazo, ata o 2 de maio, para a solicitude das axudas a actuacións de eficiencia enerxética nos aloxamentos turísticos

A Xunta de Galicia destina estas axudas, dotadas de 7.8 millóns, a albergues e departamentos turísticos, establecementos de turismo rural, pensións e hoteis, co obxectivo de seguir fomentando un turismo sostible e a favor do medio ambiente.

As persoas beneficiarias obterán ata o 90% do investimento cun máximo de 150.000 euros na actuación realizada.

 

Para executar as obras contarase co prazo dun ano desde a resolución a favor da concesión das axudas. O consumo de enerxía primaria non renovable dos aloxamentos, deberá verse reducido nun 30% en comparación á situación de partida. Ademais será necesario contar cunha mellora da cualificación enerxética total do edificio, polo menos, unha letra medida en relación á escala de emisións de dióxido de carbono.

 

Os establecementos poderán levar a cabo traballos de mellora en canto á eficiencia enerxética da envolvente térmica; uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria. Tamén inclúese a instalación de redes de frío e calor a través de enerxías renovables e/o calor residual; mellórase, á súa vez, a eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.