Nova edición do programa Anfitrións do Turismo

Coordinado pola Secretaría de Estado de Turismo dentro do Plan do Turismo Español Horizonte 2020, no seu eixo Valor ao Cliente, programa Calidade Percibida, o proxecto Anfitrións do Turismo, celebra este ano unha nova edición co obxectivo de seguir avanzando na mellora da calidade das empresas e destinos turísticos para satisfacer de forma correcta as expectativas do turista máis esixente.
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, nesta impartirase o catálogo completo de cursos tanto de Cultura do Detalle (formación en atención ao cliente) como de Destino en Detalle (boas prácticas para a mellora integral de destinos turísticos) co que se pretende cubrir as carencias existentes no sector turístico en materia de atención ao cliente, con contidos diferenciados en función de dous perfís: persoal en contacto co cliente e propietarios ou mandos intermedios. Finalmente o programa de Destino en Detalle está constituído por un único curso de tres semanas de duración e terá lugar entre o 9 e o 29 de abril de 2019.
O proxecto Anfitrións ten como obxectivo impulsar a cultura do detalle e a atención ao cliente para mellorar a calidade percibida de España como destino turístico e está orientado tanto profesionais de todos os subsectores do Sistema de Calidade Turístico Español ( SCTE), entre os que están presentes aloxamentos, axencias de viaxes, transporte turístico, guías de turismo, estacións de esquí e montaña, comercios, aluguer de coches, artesáns, portos deportivos, empresas de turismo activo, palacios de congresos, convention bureaux, OPCs, servizos turísticos de saúde, taxis e outros servizos. Así mesmo, poden beneficiarse do plan os profesionais de servizos públicos turísticos tales como oficinas de información turística, praias, espazos naturais protexidos.
Trátase dunha formación totalmente en liña e gratuíta, que se desenvolverá entre marzo e xuño deste ano. O prazo para inscribirse estará aberto entre o 4 e o 17 de marzo. Todos os interesados en participar nos cursos deberán acceder á plataforma de formación online www.turismo-formacion.com, rexistrarse e realizar a preinscrición. Na páxina de inicio da devandita plataforma atoparán un documento de axuda para realizar este proceso. Para mais información: anfitriones@tourspain.es.