A duodécima edición do concurso de tapas Santiago(é)Tapas e a primeira edición do Santiago(é)Cóctel concluíron coa entrega dos seus premios tras quince días nos que se repartiron máis de 30.000 tapas e 2.000 cócteles. En canto a votos do público, contabilizáronse 20.000 válidos que deron como gañador á creción da Casa dos Xacobes, Manitas Crocantes, que representará a Santiago no concurso “De tapas por Galicia”, organizado por Turismo de Santiago, xa que foi a proposta que máis puntuación obtivo entre os votos do público e do xurado profesional.
Do total de 109 tapas presentadas, Manitas Crocantes foi a tapa gañadora na categoría de tapa tradicional mentres que na categoría de tapa creativa o primeiro premio foi para Criollo mariño, de O Ferro. O resto dos premios repartíronse entre as propostas da Viaxe, Lume, Artesana e Xuntanza. Os chefs do dez locais que participaron na final do concurso tamén recibiron como regalo o delanta oficial do XII Santiago(é)Tapas. Por último, os premios no concurso de coctelería foron, na categoría de cóctel clásico, para Expreso Martini da Carrilana e no de cóctel creativo, para A kind of magic, do Pub Atlántico, que se alzaron cos primeiros premios de entre os 25 combinados a concurso.