Únete ao SIMADA

 

Que é o SIMADA?

 

O SIMADA (Sistema de Monitorización e Análise de Datos de Datos de Aloxamento) é unha ferramenta para a monitorización e análise de datos de ocupación, previsión, prezos… ao dispor das empresas de aloxamento que conten cun PMS (Propery Management System).

 

Canto me custa?

 

Esta ferramenta será gratuíta para as empresas que se sumen ao programa.

 

Quen pode ver os meus datos?

 

Ninguén. O sistema concibiuse para garantir a confidencialidade da información proporcionada. Soamente poderanse consultar os datos agregados e anonimizados. O aloxamento recibirá un contrato de confidencialidade asinado polo Clúster e a empresa provedora do servizo.

 

Que me ofrece?

 

Facilita a toma de decisións por parte dos aloxamentos, xa que establece unha comparativa entre a empresa e unha selección doutros establecementos: proporciona unha comparación entre a miña taxa de ocupación e a do destino, así como información sobre os prezos medios do aloxamento e sobre a canle de venda. Ademais, permite consultar datos actualizados sobre o tipo de viaxeiro e a súa procedencia, para a definición de estratexias de comunicación.

Que debo achegar?

 

Permiso para a conexión ao PMS de xestión do establecemento.

 

Quen o pon en marcha?

 

O Clúster de Turismo de Galicia, co financiamento da Xunta de Galicia – Axencia Turismo de Galicia e en colaboración coas asociacións integradas (Federacións, Asociacións provinciais, Asociacións sectoriais…) poñen SIMADA ao dispor de calquera empresa de aloxamento interesada en unirse á iniciativa.

 

Como funciona?

 

O obxectivo é ofrecer de primeira man información sobre as reservas e prezos dos diferentes establecementos de aloxamento para poder adoptar as mellores decisións no ámbito empresarial.

Co SIMADA poderás monitorizar datos de apertura de establecementos, capacidade dispoñible, contratación, provisionamiento, fixación de prezos, datos de ocupación… e moito máis.

Canto maior sexa o número de empresas adheridas ao sistema,

maior será a calidade dos datos obtidos.

 

Cumprimenta o formulario de inscrición para unirte ao SIMADA!

Evento de Presentación do SIMADA

 

O 31 de maio de 2023 a Cidade da Cultura acolleu a presentación do sistema. O obxectivo da sesión era poñer ao dispor das empresas de aloxamento un sistema que permita comparar os datos de ocupación con respecto ao destino ou empresas similares no destino, os prezos, evolución, etc. Desta forma, redúcese o risco na toma de decisións empresariais e increméntase a rendibilidade dos establecementos.

Xornada divulgativa

 

O 19 de novembro de 2024, o Clúster realizou unha segunda presentación do sistema de monitorización, de novo, na Cidade da Cultura de Galicia. Podes ver a exposición completa a partir do minuto 2:32:15 do seguinte vídeo.

xunta_de_galicia