Encuentro Networking. Sustentabilidade, patrimonio e experiencias: piares dun destino competitivo

ENCUENTRO NETWORKING

Sustentabilidade, patrimonio e experiencias: piares dun destino competitivo

O turismo está inmerso nun proceso de recuperación da actividade, pero tamén debe afrontar un proceso de adaptación e modificación, que sente as bases dun turismo para o futuro.

A achega dos fondos Netx Generation á nosa economía e especialmente ao turismo, deben servir de mecanismo de impulso tanto da recuperación coma do cambio cara a un modelo económico que xere propostas cun maior valor e que conten cun enfoque de longo prazo, facendo do turismo unha actividade atractiva cultural, social e económicamente.

A aplicación destes fondos segundo o Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, apunta a tres grandes instrumentos centrados nas temáticas de Sustentabilidade, Experiencias mediante clubes de produto e recuperación de Patrimonio.

Durante este encontro, a través de experiencias de ponentes, cun enfoque práctico e a través do debate, abordaranse tres mesas que versarán sobre estes temas. Igualmente procurarase fomentar o networking e o intercambio de coñecementos entre os asistentes á xornada.

¿A quién se dirige?

  • Empresas turísticas. Descubrirán as tendencias sobre as que versarán iniciativas públicas e privadas nos próximos anos.
  • Xestores de destino. Conocerán novidades sobre a financiación de accións de cara a seus territorios
  • Interesados no turismo. Acercaranse experiencias doutros territorios onde o turismo ten maior peso na súa economía e coñecerán outras experiencias a nivel turístico

Programa

09:30 Recibimento de asistentes e entrega de documentación

10:00 Apertura institucional

Fátima Abal. Alcaldesa de Cambados

Cesáreo G. Pardal. Presidente do Clúster de Turismo de Galicia

Felipe Ferrero. Xefe de área de Turismo de Galicia en Pontevedra

Carmela Silva. Presidenta da Deputación de Pontevedra

10:20 Mesa 1: “Plans de sustentabilidade: unha nova ferramenta de planificación turística” 

Modera: Adolfo Neira – Secretaria Técnica do Cluster de Turismo

Gumersindo Guinarte – Concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo do Concello de Santiago de Compostela

Ana Laura Iglesias – Deputada de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra

Alexandra Seara – Xerente do Consorcio Turismo Ribeira Sacra

11:20 Café (Parador de Cambados, é necesario sair do auditorio).  O café servirase sentado e será necesario presentar certificado de vacinación

12:00 Mesa 2: Clubes de producto como elemento xerador de negocio 

Modera: Mar Rodríguez – Directora de TeeTravel e vogal do Consello Executivo do Clúster

Rafael Llamas – Alcalde de Montilla e presidente da Ruta do Vino Montilla-Moriles

Antonia Varela – Directora da Fundación Starlight

Ángel Barbero – Director de estratexia e innovación de Nateevo

13:00 Mesa 3: “Valorización do patrimonio para uso turístico”

Modera: Jesús Picallo – Vicepresidente do Clúster de Turismo de Galicia

Antonio Baeta – Turismo de Portugal

Gonzalo Arroita – Consultor de Nacións Unidas en Patrimonio Cultural e Turismo

14:00 Clausura e fin da xornada.

Lugar y Fecha

Martes 21 de decembro de 2021

Ubicación:

De 9:30h a 14:00h. Auditorio da Xuventude. Rúa San Francisco, 3, 36630 Cambados, Pontevedra

Inscripciones gratuitas. Aforo limitado