Convenio Renewing

Acordo de colaboración entre o
Clúster de Turismo de Galicia e Renewing

O Clúster de Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración con Renewing España, Cleantech do grupo portugués Mota Engil con 500 puntos de recarga xa operativos en Europa, cuxo obxectivo é promover e facilitar ao despregamento de puntos de recarga para vehículos eléctricos en establecementos turísticos de Galicia.

 

O presente Acordo Marco, asegura que a empresa turística non teña que realizar ningún investimento nin trámite para dispoñer do punto de recarga para vehículos eléctricos. E como contraprestación, exporase un modelo de éxito compartido flexible pola cesión dese espazo que pode supoñer unha renda mínima garantida incrementada pola venda de enerxía na estación en base a criterios de rotación na localización.

 

Se a súa empresa está interesada, ten á súa disposición a seguinte dirección de correo electrónico: renewing.spain@me-renewing.com (+34 611 002 768) para que realicen unha avaliación gratuíta e proposta do potencial do seu establecemento.