Fecha/Hora
Date(s) - 20/05/2025 - 21/05/2025
09:00 - 16:00
Ubicación
Valencia-Oporto
Categorías
Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística da nosa comunidade, o Clúster de Turismo de Galicia está a organizar dúas xornadas presentación que terán lugar en Valencia o día 20 de maio e en Oporto o 21 de maio. Os citados eventos consistirán nun workshop con axentes de viaxes da zona, seguido dunha presentación de destino que estará acompañada dun cóctel degustación.
Os workshops, que terán unha duración estimada de dúas horas, contarán cun máximo de 26 empresas galegas. A continuación, terá lugar a cea degustación tipo cóctel, comezando coa proxección dun vídeo promocional de Galicia e unha breve intervención institucional. Ademais, coa finalidade de premiar a aqueles participantes de Valencia e Oporto que máis contactos realicen, realizarase un sorteo de estancias ao fin da velada.
O Clúster de Turismo de Galicia asumirá os gastos de transporte, organización e cea tipo cóctel, mentres que cada asistente custeará o seu aloxamento e xantares.
Por motivos loxísticos, no workshop estará presente unicamente unha persoa por empresa e as prazas asignaranse de acordo cos criterios de prelación de empresas que poden consultar na seguinte ligazón. O número máximo de participantes é de 26 persoas.
No caso de que desexen asistir, deberán cumprimentar o seguinte formulario e realizar unha transferencia por importe de 100 € en concepto de garantía para formalizar a súa solicitude no seguinte número de conta do Clúster: ES56 0081 0499 6000 0167 4368
Neste sentido, necesitariamos que nos enviasen o xustificante bancario a dirección de correo electrónico secretariatecnica@clusterturismogalicia.com. Ademais, aclarámoslles que o importe devolverase unha vez finalizados os workshops.
Toda aquela persoa que confirme a súa asistencia e non asista, perderá a garantía e deberá abonar a cantidade de 1.200,00 €, salvo que por causa xustificada contemplada no seguro de cancelación poida ser cuberto por este, a condición de que sexa efectivamente devolto pola compañía.
O prazo máximo para realizar a inscrición será o día 10 de abril ás 20:00 horas.
Formulario
Las reservas están cerradas para este evento.