Inscrición Workshop Porto | Xoves 19 de maio de 2022

Mapa Dispoñible

Fecha/Hora
Date(s) - 07/04/2022 - 19/04/2022
00:00 - 14:00

Categorías


Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística da nosa comunidade, o Clúster de Turismo de Galicia está a organizar unha xornada presentación no distrito do Porto, o xoves, día 19 de maio. O citado evento terá lugar no WOW Porto (Rua do Choupelo 39, 4400-088 Vila Nova de Gaia) e consistirá nun workshop con axentes de viaxes da zona, seguido dun cóctel degustación.

O  workshop dará comezo ás 19:00 horas (horario portugués) e contará cun máximo de 25 empresas galegas. A continuación, terá lugar a cea degustación tipo cóctel, comezando coa proxección dun vídeo promocional de Galicia e unha breve intervención institucional. Ademais, coa finalidade de premiar a aqueles participantes portugueses que máis contactos realicen, realizarase un sorteo de estancias ao termo da velada.

O Clúster asumirá o transporte en autobús ao Porto, a organización do  workshop e o cóctel degustación, mentres que cada asistente custeará o seu aloxamento e xantares.

Por motivos loxísticos, no  workshop estará presente unicamente unha persoa por empresa e as prazas asignaranse de acordo cos criterios de priorización de empresas que poden consultar na seguinte ligazón. O número máximo de participantes é de 25 persoas.

No caso de que desexen asistir, deberán cumprimentar o seguinte formulario. Toda aquela persoa que confirme a súa asistencia e non asista, deberá abonar a cantidade de 200,00 €, salvo que por causa xustificada contemplada no seguro de cancelación poida ser cuberto por este, a condición de que sexa efectivamente devolto pola compañía.

O prazo máximo para realizar a inscrición será o día 19 de abril ás 14:00 horas.

Formulario

Las reservas están cerradas para este evento.