Axencia de Turismo de Galicia

No marco do proxecto da Rede Transrexional de Impulso da RSE (REDE) a Consellería de Traballo, en colaboración con la Axencia de Turismo de Galicia e o Clúster Turismo de Galicia, Compostela acolleu a xornada “O turismo. Claves para a súa sostenibilidade”, un encontro ideado por darlle visibilidade as boas prácticas que en materia de Responsabilidade Social Empresarial están levando adiante xa numerosas empresas tanto en Galicia coma nas outras rexións pertencentes á Rede Transrexional de Impulso da RSE (REDE): Navarra, Estremadura, Tenerife e Vale do Minho.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Traballo, Carmen Bouso, acompañadas do presidente do Clúster do Turismo de Galicia, Francisco González, foron as encargadas de inaugurar o foro. Na súa intervención González destacou a necesidade de comezar a falar de rendabilidade e sustentabilidade, máis aló das boas cifras acadadas polo sector, “para caminar na dirección da sostenibilidad faise imprescindible contar con políticas sociais e medioambientais nas que traballemos conxuntamente o sector e as administracións públicas, tarea na que desde o Clúster estamos traballando en dúas liñas: na senda da calidade e na do traballo conxunto para identificar as boas prácticas”.

Precisamente neste sentido camiña a Guía de RSE para o sector turístico que tamén se presentou ao longo desta xornada, tralo relatorio “As claves da sustentabilidade nunha peme do sector turismo”, a cargo de Elena del Pilar Ramallo Miñán. A guía, que foi presentada pola subdirectora xeral de Traballo, Maria Coutiño, é a sexta guía sectorial publicada pola Xunta de Galicia, que ten por obxectivo facilitar o camiño ás pemes á hora de iniciar ou continuar o seu camiño na RSE, a través dos recursos e ferramentas necesarias. Tanto Coutiño como a directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso, aproveitaron a presenza de empresas do sector para lembrar a convocatoria dos premios RSE Galicia, para os que se poden presentar candidaturas ata o próximo 14 de setembro, e que conta con catro modalidades: ambiental, económica, conciliación laboral e familiar, e de promoción da igualdade de xénero.

Tuesday September 8th, 2015

Sustentabilidade e turismo: Compostela acolleu unha xornada para darlle visibilidade as boas prácticas de RSE

No marco do proxecto da Rede Transrexional de Impulso da RSE (REDE) a Consellería de Traballo, en colaboración con la Axencia de Turismo de Galicia e […]
Friday September 4th, 2015

Un total de 89 casas de turismo rural participan na 9ª edición do Outono Gastronómico

A iniciativa desenvolverase entre o 11 de setembro e o 13 de decembro con diverentes propostas gastronómicas e de aloxamento Desde o 11 de setembro ao […]
Friday August 28th, 2015

O Camiño de Santiago acada investimentos por valor de 1,5 millóns de euros para restauración e posta en valor do seu patrimonio

A Ruta Xacobea tamén foi nomeada como Embaixador de Honra da Marca España, recoñecemento que se fará efectivo en novembro O recoñecemento internacional acadado pola Ruta […]
Wednesday August 19th, 2015

Turismo de Galicia asume temporalmente a xestión do Monte do Gozo e anuncia un plan de recuperación

Porase en marcha un Plan de Usos para a mellora a accesibilidade e un Plan da Paisaxe para a posta en valor das vistas, roza e mellora […]