Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo

Fegatur recolle as suxestións dos seus asociados para mellorar a promoción da nova edición do Outono Gastronómico

O I Concurso Provincial de Tapas de Lugo, impulsado pola  Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo(Apehl) ,celébrase do 10 ao 26 de xullo nun total de 20 establecementos hostaleiros das localidades de Castro de Ribeiras de Lea, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Muimenta e Sarria. O horario mínimo de degustación é de 13.00 a 15.30 horas e de 20.00 a 22.30 horas, inda que cada local poderá ampliar estes intervalos en función das súas necesidades. O prezo das tapas sitúase entre 1 e 3 euros.

Outono Gastronómico

Por outra banda, recén pechado o prazo para participar no Outono Gastronómico 2015, a Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) lembra a todos os establecementos turísitcos asociados que lles fagan chegar aquelas ideas ou iniciativas coas que consideran que podería mellorarse a promoción desta iniciativa, que se desenvolverá entre o 11 de setembro e o 13 de decembro de 2015. As suxestións pódense facer chegar a FEGATUR tanto a través do seu enderezo electrónico, fegatur@gmail.com, como a través das súas redes sociais.

Monday July 13th, 2015

Lugo celebra a primeira edición do seu Concurso Provincial de Tapas

Fegatur recolle as suxestións dos seus asociados para mellorar a promoción da nova edición do Outono Gastronómico O I Concurso Provincial de Tapas de Lugo, impulsado […]